Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón entre Torrecedeira, Tomás A. Alonso, Praza da Industria e rúa de nova apertura (expediente 3363/411).

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 7 de outubro de 1996, o estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas Torrecedeira, Tomás A. Alonso, Praza da Industria e rúa de nova apertura, exponse ó público polo prazo de quince días hábiles, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da casa do concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición, a abranguida polo seu ámbito, cos límites seguintes:

Norte: rúa de nova apertura.

Sur: Praza da Industria.

Leste: rúa Tomás A. Alonso, entre os números 46 e 66.

Oeste: rúa Conde de Torrecedeira entre o 119 e o 129.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 21 de outubro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8024