Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun equipamento informático para puntos de información, para os servicios centrais da universidade.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: once millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (11.450.000).
Garantía provisional: duascentas vintenove mil pesetas (229.000).
A Coruña, 7 de novembro de 1996.
P.D. (R. 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Gerente
9071