Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 11/1996 procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de isocenéticos para a E.U. de Fisioterapia. (Expediente 1035/1996).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun sistema de isocenéticos para a E.U. de Fisioterapia.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xes

tión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: nove millóns de pesetas (9.000.000).

Garantía provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000).

A Coruña, 28 de outubro de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Gerente

9070