De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos seguintes contratos:
Clave: RC-PO-96.15
Título da obra: mellora da seguridade vial e acondicionamento da plataforma na PO-354 Patas (C-550). O Rosal, pk 0.000/3,500 e PO-360 O Rosal - Loureza, pk 5.000/9.250.
Empresa adxudicataria: Viales y Construcciones, S.A.
Importe da adxudicación: 89.484.164 pesetas.
Clave: OH-PO-96.5
Título da obra: reposición da distribución de augas a Liñares. As Neves.
Empresa adxudicataria: COVSA.
Importe da adxudicación: 8.153.380 pesetas.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Pontevedra, 31 de outubro de 1996.
José Manuel Iglesias Carrera
Delegado provincial de Pontevedra
8788