Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Intermundos Tour Operador, S.A., sita na rúa Xeneral Pardiñas, 17 entreplanta, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Francisco Neira Piñeiro, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Intermundos Tour Operador, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Xeneral Pardiñas, 17 entreplanta, da axencia de viaxes Intermundos Tour Ope

rador, S.A., maiorista co código identificado C.I.C. MA745, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Fuencarral, 9.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo.

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Intermundos Tour Operador, S.A. sita en Madrid, na rúa Fuencarral, 9, da que é titular a entidade mercantil Intermundos Tour Operador, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Xeneral Pardiñas, 17, entreplanta en Santiago de Compostela que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

Sr. Secretario Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

8787