Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de reparto de mercadorías e mensaxería (C.P. 1/1997).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1.-Obxecto: contratación do servicio de reparto de mercadorías e mensaxería entre os distintos centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria.

2.-Orzamento: 6.000.000 de ptas. por anualidade, (IVE incluído).

3.-Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1997.

4.-Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

5.-Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

6.-Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Ley 13/1995 de contratos das administracións públicas.

7.-Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

8.-Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula oitava da folla de especificacións.

9.-Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria , rúa México, 26 - 1ª planta, 36204 Vigo, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

10.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Vigo) ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12.-Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

13.-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do adxudicatario del.

Vigo, 26 de novembro de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

8301