Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia e Allariz (C.P. 1/1997).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto e con carácter de urxencia.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia e Allariz, por un orzamento de licitación á totalidade dos lotes (centros) de oito millóns duascentas noventa e catro mil oitocentas sesenta e oito (8.294.868) pesetas, IVE incluído.

Os licitadores poderán concorrer a un ou os dous lotes nos que se divide o obxecto do contrato.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: será desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1997.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na sede da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avda. de Zamora, 13-3ª planta, (subministracións), teléfono: (988) 38 64 37, fax: (988) 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Fianzas:

-Provisional, do 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concorra. Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza de entidade financeira pola que se formalice o aval.

-Definitiva, do 4% do orzamento de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

Solvencia económica y financeira: acreditarase por algún dos medios indicados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios indicados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Número de horas de limpeza: ata 10 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 8 puntos.

3. Sistema previsto para o mantemento do servicio nos horarios de gardas: ata 6 puntos.

4. Materiais, útiles e maquinarias que hai que empregar: ata 3 puntos.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 64 50, ou telegrama no mesmo día; de

recibirse a oferta pasados 10 días naturais da data de finalización do prazo de presentación, esta non será aceptada.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos que figuran na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público correrá por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Ourense, 22 de novembro de 1996.

Manuel de Toro Santos

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

8979