Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios: persoal privado para servicios de seguridade na Biblioteca Pública Miguel González Garcés de Elviña (A Coruña); limpeza en dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social en Lugo (Arquivo Histórico Provincial, Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e Biblioteca Pública), limpeza en dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social na Coruña (Museo de Belas Artes, Museo das Peregrinacións e Biblioteca Pública).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación dos seguintes servicios:

-Persoal privado para servicios de seguridade na Biblioteca Pública Miguel González Garcés de Elviña (A Coruña).

-Orzamento de licitación: nove millóns setecentas mil pesetas (9.700.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución : doce (12) meses.

-Limpeza en dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social en Lugo (Arquivo Histórico Provincial, Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e Biblioteca Pública).

-Orzamento de licitación: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución : doce (12) meses.

-Limpeza en dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social na Coruña (Museo de Belas Artes, Museo das Peregrinacións e Biblioteca Pública).

-Orzamento de licitación: catorce millóns trescentas mil pesetas (14.300.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Nestes servicios non se esixe fianza provisional.

-Exposición dos Pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981/58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que concurran a máis dunha obra, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisións de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9092