Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 05 de decembro de 1996 Páx. 11.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Casa Nova a favor dos veciños da parroquia de Piñeira de Arcos, concello de Sandiás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día tres de outubro de mil novecentos noventa e seis, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Casa Nova de 45 áreas de superficie, aproximadamente, a favor dos veciños da parroquia de Piñeira de

Arcos, no concello de Sandiás, e coas estremas descritas no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna á súa pertenza.

Notífiqueselle esta resolución ó alcalde - presidente, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso - administrativo, logo de comunicación á que se refire o artigo 110. 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dous meses perante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 3 de outubre de 1996.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

8958