Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de declaración da condición de mineral do manancial Fonte do Vispo sito no concello de Riotorto.

Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Antonio Bouso Alonso con DNI 33.737.701, veciño de Riotorto, A Veiga, 3, como

propietario do predio no que se ubica o manancial Fonte do Vispo, sito no lugar da Veiga, concello de Riotorto, provincia de Lugo, solicita a declaración da condición de mineral deste.

O que se fai público co fin de que os interesados, no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que consideren oportunas.

Lugo, 11 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8453