Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do PI Jonás, número 4790.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, fai saber que Avelino Prado Martínez presentou nesta delegación o 22 de maio de 1996 instancia-solicitude do PI Jonás, nº 4790 de 12 cadrículas mineiras para recursos da sección C no termo municipal de Avión (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 16' 00''42º 26' 20''

Vértice 28º 17' 20''42º 26' 20''

Vértice 38º 17' 20''42º 27' 20''

Vértice 48º 16' 00''42º 27' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoñe a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o devandito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 11 de setembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8763