Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 88/1996-2-4563-A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: reelectrificación parroquia de Bascuas.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30, cunha lonxitude de 1.280 metros, sobre apoios de formigón. Centro de tranformación tipo intemperie, de 25 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50-25, cunha lonxitude de 2.025 metros, para mellora do servicio eléctrico na parroquia de Bascuas, concello de Lugo.

Orzamento: 11.880.984 pesetas.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8764