Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 86/1996-2-4557-A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, Ourense.

Denominación: L.M.T. Cr. A Compañía-C.T. Ponte Vella.

Situación: Monforte.

Características técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV de 150 mm, con orixe no centro reparto-compañía e reamta no C.T. Ponte Vella, cunha lonxitude de 500 metros, para mellora do servicio eléctrico na compañía-Ponte Vella, no concello de Monforte.

Orzamento: 4.350.419 pesetas.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características no mesmo se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8716