Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, da planta de coxeración que se cita. (Expediente 96/735 R.C.I. 15/12013).

Para efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Confecciones Fíos, S.A., con enderezo social no polígono industrial de Sabón, parcela 79-B, Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa localizada no enderezo anterior.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes eñementos:

-Dous motores alternativos de combustión interna en ciclo diésel, funcionando con gasóleo/gas natural e con unha potencia bruta de 798 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 1.200 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 380 V a 50 Hz, e un factor de potencia de 0,8.

-Un transformador elevador de 380/15.000 V, de 2,6 MVA.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

Orzamento: 120.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8765