Para efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Choolet, S.A., con enderezo social no polígono industrial de Sabón, parcela
79-B, Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa localizada no enderezo anterior.
Planta de coxeración coas características seguintes:
Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos:
-Dous grupos motor-xerador de 1.200 kVA cada un, utilizando como combustible gasóleo/gas natural.
-Dúas caldeiras de recuperación de gases de escape e instalacións complementarias.
-Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 10 de outubro de 1996.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7941