Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, da planta de coxeración que se cita. (Expediente 96/730 R.C.I. 15/8982).

Para efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Samlor, S.A., con enderezo social no polígono industrial de Sabón, parcela 79-B, Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa localizada no enderezo anterior.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos:

-Dous grupos motor-xerador de 1.200 kVA cada un, utilizando como combustible gasóleo/gas natural.

-Dúas caldeiras de recuperación de gases de escape e instalacións complementarias.

-Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7935