Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orden do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Ribadeo ( Lugo).

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 48.611.013 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

Construcción dun paso superior para a supresión do PN no PK 7/520, do FFCC Monforte-Vigo, no termo municipal de Soutomaior (Pontevedra).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 14.871.000 ptas.

Prazo de execución: dous meses e medio.

Supresión dun PN no PK 30/184, do FFCC Redondela-Santiago, mediante a construcción dun paso inferior, no termo municipal de Barro (Pontevedra).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 12.627.000 ptas.

Prazo de execución: dous meses e medio.

Supresión dun PN no PK 140/856, do FFCC Monforte-Vigo, mediante a construcción dun paso inferior, no termo municipal de Tui (Pontevedra).

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 14.389.000 ptas.

Prazo de execución: dous meses e medio.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela 21 de novembro de 1996.

(Orde 13/12/1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-8762