Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 11.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de novembro de 1996, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se lle notifica a Acresu, S.L. acordo de liquidación de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1990, derivado de acta de inspección.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común procédese a notificar a Acresu, S.L., con NIF B-36100659, e último domicilio coñecido en r/ Castelao, nº 3 entresollado, Bueu.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período: 1990

Concepto: sanción do 60 por 100 sobre cota tributaria de 120.065 pesetas liquidada en acta de inspección nº 1045.5, modelo A02, incoada con data 21 de abril de 1995, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible: 2.001.076 pesetas.

Cota liquidada en acta A02: 120.065.

Sanción 60 por 100: 72.039.

Débeda tributaria parcial: 72.039 pesetas.

Advírteselle ó contribuínte que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición ante este servicio de inspección, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional da Coruña (Secretaría Delegada de Pontevedra) neste prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

96-8802