Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 397/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Sar, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.6 da L.M.T. derivación ó C.T. Punta Dorna e remata no C.T. que se proxecta en Sar, concello de Bueu.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1.050 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 4.647.712 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na

Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8707