Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente IN407A 96-2-3 A.T.).

Visto o expediente incoado no Servicio de Industria desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense, que solicita autorización e declaración, de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre expropiación forzosa e sancións

en materia de instalacións eléctricas e conforme o disposto no R.D. 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais: liña aérea en a 20 kV, de 813 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde un apoio da liña a C.T. de Meriz e finaliza no C.T. proxectado aéreo en Sequeiros (Coles) con 50 kVA, 20 kV/380-220 V.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do dito Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 30 de outubro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8709