Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/44-2-4489 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. en Paradela-3.

Situación: Paradela.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 57 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de distribución tipo intemperie de 160 kVA 20.000/400-231 V, sobre poste de formigón, o C.T. Conectarase a liña aérea Sarria-Palas de Reis, para mellora do servicio eléctrico na zona Paradela-3, concello de Paradela.

Orzamento: 2.089.513 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 21 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-8680