Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Doncos.
Situación: As Nogais.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 606 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 2.245 metros, para mellora do servicio eléctrico en Doncos, no concello das Nogais.
Orzamento: 8.550.000 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,
sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 21 de outubro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
96-8683