Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de novembro de 1996, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (período 1990) derivado de acta de inspección.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común procédese a notificar a Construcciones Fariñas, S.L., con NIF B-36024529, con último domicilio coñecido en Outeiro-Bueu.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período: 1990.

Concepto: acta de inspección número 1071.0, modelo A02, por importe de 31.322 pesetas, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible: 229.260 pesetas.

Cota 6%: 13.756.

Sanción 70%: 9.629.

Intereses de demora 12%: 7.937.

Total débeda tributaria: 31.322 pesetas.

Advírteselle ó contribuínte que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición ante este servicio de inspección, no prazo de quince días a contar desde o seguinte ó da publicación desde anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional da Coruña (Secretaría delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 11 de novembro de 1996.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

8668