Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.928

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que modifica a do 21 de novembro de 1996 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativas á celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

Modificada polos distintos tribunais a proposta inicial do día de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose expresamente a este centro directivo, modificándose pois o apartado primeiro da citada resolución, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición das correspondentes categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición de conformidade coa seguinte distribución:

Lugar: recinto feiral Expourense, predio Sevilla s/n, Ourense (xunto ó Pazo de Deportes Paco Paz).

-Día: 9 de decembro de 1996:

Chamamento: 18 horas.

Categoría: auxiliar da función administrativa, TEL e TER.

-Día 10 de decembro de 1996:

Chamamento: 9 horas.

Categoría: auxiliar de enfermería e telefonista.

Chamamento: 13 horas.

Categoría: xestión da función administrativa, traballador social e operario.

Chamamento 18 horas.

Categoría: celador.

Segundo.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

96-8798