Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.927

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 22 de novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciada pola Orde do 3 de outubro de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola Orde do 3 de outubro de 1996 (DOG nº 205, do 18 de outubro de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de

maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se indica no anexo desta orde, adxudicándolles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, logo de llo comunicar a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

Nº.R.P.: 5004798257 A0100.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Pérez Dubois, Miguel Ángel.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural.

Nivel: 28.

Localidade: Pontevedra.

Dependencia: delegación provincial.

96-8969