Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de novembro de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaria Xeral para o Turismo.

Por Orde do 4 de novembro de 1996, da Consellería de Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 223, do 14 de novembro de 1996), pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Presidencia e Administración Pública, dictada no marco do establecido no Decreto 314/1996, do 18 de xullo (DOG nº 149, do 31 de xullo de 1996), pola que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral para o Turismo, e segundo o disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de instancias será de quince dias hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo da solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán engadirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento do funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios, concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real Decreto

28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo que se relaciona no anexo I, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior estivera na mesma localidade, ou dun mes, se estivera en distinta localidade ou levase consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ó do seu cesamento, que deberá producirse dentro dos tres dias seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data en que se lle comunique o seu traslado á Comunidade Autónoma, para o caso dos funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará contado a partir da data seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do dia da súa publicación, despois de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Código: PR.P05.00.001.15770.006.

Denominación do posto de traballo: xefe da Sección de Habilitación.

Centro directivo: Secretaría Xeral para o Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A/B/C.

Nivel: 25.

Específico: 1.147.368.

ANEXO II

Úsese o que se publica na páxina 10.926

8874