Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas. (Expediente 3979 A.T.).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 350/1996, (Diario Oficial de Galicia número 187, do 24-9) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 21-2-1996, fáiselles saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican: reelectrificación de Corvelle, concello de Vilalba, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas a ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 21-2-1996, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación

provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante este delegación ata o momento do levantamento destas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 24 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8435