Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/45-2-4516 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T. de Arxemil.

Situación: Sober.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 6.874 metros, sobre postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Arxemil, no concello de Sober. Produciranse as seguintes derivacións os C.T.S. de Canaval, depuradora, Moreda, Vila Escura, Rosende, Cadaviña, Naz, S. Martín, Campo de Hortas, S. Estevo Anllo, Carreira, Mata, Nogueira e Couto.

Orzamento: 15.380.000 pesetas.

Cumpridos os tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 28 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8535