Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/43-2-4515 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en S. Martín de Anllo.

Situación: Sober.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 3.735 metros, sobre postes de formigón. Catro centros de transformación de 100,50, 50 e 50 kVA 20.000/398-230 V±2,5%+5%, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.698 metros, para mellora do servicio eléctrico en S. Martín de Anllo, Couto, Arxemil, Camilo, Arroxo, Nogueira, Carreira e Burdalla, no concello de Sober.

Orzamento: 20.800.000 pesetas.

Cumpridos os tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 25 de outubro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8673