Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 29 de novembro de 1996 Páx. 10.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Barro e Valga.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres, establece que o Consello da Xunta de

Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario.

Os concellos de Barro e Valga solicitaron a cesión de uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais, pertencentes ás extintas cámaras agrarias locais.

Mediante Decreto 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Barro e Valga.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade conforme o disposto nos artigos 24 da citada Lei 3/1985 e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-la cesión do dereito de uso destos.

En virtude do anteriormente exposto, para proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1) Predio urbano sita no lugar de Santo Antoniño, parroquia de Perdecanai, termo municipal de Barro (Pontevedra), composto de planta baixa e un piso alto, dunha superficie aproximada de oitenta metros cadrados por planta. Linda á fronte, estrada xeral de Vigo á Coruña; á dereita, entrando no predio, terreos de Antonia Campos Ferreiro; á esquerda,terreos baldíos do concello de Barro e ó fondo, campo ou carballeira de Santo Antoniño, propiedade do concello de Barro.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, no tomo 535, libro 44 de Barro, folio 249, predio nº 6481, inscrición 2ª.

2) Predio denominado Montiño, sito no lugar de Ponte Valga, parroquia e termo municipal de Valga (Pontevedra), cunha superficie de 105 m2, que linda: ó norte, estrada; ó sur, camiño vello; ó leste, Luísa Gil Castiñeiras e ó oeste, José Trasande Jamardo. Sobre o dito predio construíuse unha casa composta de planta e soto. A planta mide 87 m e o soto, 42 m; linda á fronte, entrando, estrada de Valga a Raxoy; á dereita, máis terreo da propia cámara; á esquerda, centro de inseminación arti

ficial propiedade do Concello de Valga e ó fondo, camiño veciñal.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 611, libro 83 de Valga, folio 163, predio nº 6046, inscrición 4ª.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

96-8463