Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de uniformes de persoal e lencería para pacientes e asistencia, con destino a cubrir necesidades do Hospital Montecelo, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 34/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, con

voca o concurso público nº 34/1996, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

Obxecto e orzamento: a adquisición de uniformes de persoal e lencería para pacientes e asistencia do Hospital Montecelo, con destino a cubrir necesidades do hospital, por un orzamento de quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.). Imposto sobre o valor engadido, incluído.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de trinta días contados a partir da data de formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n., 36071 Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financieira: as empresas licitadoras acreditarán a sua solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: admitirase a presentación de dúas variantes ou alternativas por cada concepto.

Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 8 de novembro de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo de Pontevedra

96-8730