Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto para a contratación, polo trámite de urxencia, dos servicios de limpeza nas delegacións territoriais, comarcais e centros dependentes desta consellería.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto da contratación dos servicios de limpeza nas delegacións territoriais, comarcais e centros dependentes desta consellería.

Obxecto: contratación dos servicios de limpeza nas delegacións territoriais, comarcais e centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orzamento e tipo: catorce millóns de pesetas (14.000.000 de ptas.), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de execución: desde o día un de xaneiro de 1997 o trinta e un de decembro do mesmo ano.

Documento de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, (San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a ser o primeiro hábil seguinte.

Fianza provisional: 2% da licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1996.

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8702