Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Alvelle, Gramil e Eiras da Mo, da parroquia de Guillade (concello de Ponteareas).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da lei 13/1996, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de formidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxi

me xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, ás dezasete horas do día nove de outubro de mil novecentos noventa e seis, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo da citación para o efecto rúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

Vicepresidente: José Juan Barreiro Prado.

Vocais: Teodoro Arribas Serrano, Luis M Muíños Vidueira e Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes da parroquia de Guillade, Ponteareas: Félix Sebastián Candeira e Antonio Gregores Iglesias.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito.

1.-A Xunta Rectora da Comunidade Veciñal da Parroquia de Guillade (Ponteareas) solicitou a clasificación como veciñal en man común dos montes nomeados, Alvelle, Gramil e Eiras da Mo, como pertencentes á dita comunidade.

2.-Iniciado o expediente de clasificación polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Comùn na súa reunión de data 7/6/94, procedeuse de seguido á tramitación do expediente de acordo co procedemento previsto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, do Parlamento de Galicia de Montes Veciñais en Man Común e o seu Regulamento aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, comparecendo no devandito expediente a Comunidade Veciñal de Santiago de Oliveira en solicitude de que se clasifique como veciñal en man común a porción do monte Alvelle e Gramil, situada ó norte da estrada que vai de Guillade a Ponteareas ó considerar que esta lle pertence, alegando que realizaron o seu aproveitamento e fixeron nel obras tales como viais, tala de árbores e compartindo campo de fútbol no citado lugar.

Así mesmo, figura no expediente informe da Xefatura do Servicio de Montes que coincide coa petición dos veciños de Oliveira de non clasificar a favor de Guillade a devandita parcela de monte que figura ó norte da estrada citada e que forma parte do nomeado Alvelle e Gramil.

3.-Polo relator do expediente foi efectuada unha visita ós montes referenciados con especial incidencia na parte do monte de Alvelle e Gramil, onde a conflictividade de ámbalas dúas comunidades é manifesta, coa asistencia dos seus presidentes.

Fundamentos de dereito.

1.-Que de conformidade co artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en

man común correspondente ós xurados provinciais o pronunciamento para a clasificación dos montes veciñais en man común na forma prevista na referida lei e no seu regulamento.

2.-Que despois dun detido exame da documentación achegada, das manifestacións feitas polas partes interesadas e a visita dos terreos afectados e vistos o artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, antes citada, así como os artigos 1 e 2 do seu regulamento, os membros do xurado, considerando a proposta formulada polo relator,

Acordan por unanimidade a clasificación como veciñais en man común, a favor dos veciños da parroquia de Guillade, do concello de Ponteareas dos montes que a continuación se relacionan, correspondéndose coa descrición gráfica da planimetría que a escala 1:10.000, incorpórase á presente resolución, formando parte inseparable dela:

Primeira parcela: Alvelle e Gramil.

Cabida: 17,8 ha.

Lindes:

Norte: estrada de Guillade a Ponteareas.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e monte clasificado como veciñal en man común de Guillade.

Oeste: propiedades particulares e monte clasificado como dos veciños de Celeiros.

Segunda parcela: Eiras da Mo.

Cabida: 6,1 ha.

Lindes:

Norte e leste: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares, montes clasificado como veciñal en man común dos veciños de Guillade e parcela denominada Cabada do Igrexario.

Oeste: monte clasificado como veciñal en man común de Guillade. No perímetro interior figura un enclavado nomeado Cabada da Revolta, cerrado con muros de unhas 2,5 ha. de propiedade privada na parcela de Alvelle e Gramil.

Por outra parte, os membros do xurado de maneira unánime acordan: excluír da clasificación a parcela de monte nomeada Alvelle e Gramil, situada ó norte da estrada de Guillade a Ponteareas, dunha superficie de 10,9 has. por non acredita-la comunidade solicitante o seu aproveitamento.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento aprobado por Decreto

260/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 23 de outubro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

Presidente do xurado

8653