Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.695

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 11 de novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura e Comunicación Social, mediante Orde do 25 de setembro de 1996 (DOG nº 206, do 21 de outubro), de conformidade co esta

blecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indica ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se se trata de distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunica-lo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Apelidos e nomeNRP o DNIGrupoNivelCorpo ou escalaPosto de traballoCod. do postoDependenciaLocalidade

Soutelo Ferro Mª Beatriz32.448.897A28Xeral/EspecialXefa do Servicio de Protección do Patrimonio CulturalDirección Xeral do Patrimonio CulturaSantiago de Compostela
González Murga, Enrique76.704.531A28Xeral/EspecialXefe do Servicio de Estudios y AnáliseDirección Xeral de Comunicación Social e AudiovisualSantiago de Compostela
Campaña Figueira J. Carlos33.245.848C25XeralXefe de Habilitación ICEC020000

115770036

Secretaría XeralSantiago de Compostela
Carballo García Mª del Carmen35.435.573D18XeralSecretaria do director xeralCUC030000

015770001

Dirección Xeral de Promoción CulturalSantiago de Compostela

8586