Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.694

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 de novembro de 1996 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciada pola Orde do 22 de outubro de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola Orde do 22 de outubro de 1996 (DOG nº 213, do 30 de outubro de 1996), e en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta de dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se describe no anexo desta orde, pola que se lles adxudica destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, sse se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como as daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artígo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

ANEXO I

Nº R.P.: 2272330902 A2060.

Grupo: A

Apelidos e nome: Vidal Ruiz, Mª Ángeles.

Posto de traballo: xefa Serv. Técnico e de Planificación e Control

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

8466