Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 27 de novembro de 1996 Páx. 10.657

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público do persoal laboral da Xunta de Galicia para 1996.

O artigo 29, apartado 6, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública, establece que as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poidan ser cubertas cos efectivos de persoal existentes serán obxecto de oferta de emprego público, e engade o seu apartado dous que a oferta de emprego público será aprobada polo Consello da Xunta por proposta da consellería competente en materia de función pública.

O artigo 9.2º da dita Lei 4/1988 establece que a selección do persoal laboral se efectuará de acordo coa súa oferta de emprego público, mediante convocatoria pública a través do mesmo sistema de concurso ou de concurso-oposición libre nos que se garantan, en todo caso, os principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Pola súa banda, o artigo 6 do III convenio colectivo da Xunta de Galicia dispón que son postos de traballo reservados ó persoal laboral os que así se determinen nas correspondentes relacións de postos de traballo.

Por último, os artigos 7 e seguintes do dito convenio colectivo da Xunta de Galicia regulan o procedemento que se seguirá para a cobertura das vacantes de carácter laboral existentes nos centros dependentes da Xunta de Galicia. De igual maneira, o capítulo V do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, establece o sistema de selección para tal persoal.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais e co informe favorable da comisión de persoal, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

En cumprimento do disposto no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, apróbase a oferta de emprego público laboral para 1996, nos termos que se establecen no presente decreto.

Artigo 2º

Na oferta de emprego público inclúense as vacantes que se detallan como anexo I ó presente decreto, que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1996 e referidas a prazas de persoal

laboral incluído no ámbito de aplicación do III convenio colectivo da Xunta de Galicia (DOG nº 244 do 28-12-1994).

Artigo 3º

En cada convocatoria e respecto de cada categoría reservarase o 3 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoa con minusvalidez, de conformidade co previsto na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio.

Cando o resultado da aplicación da dita porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas de reserva, computarase como unha praza para incluír en tal cota.

Cando o número de vacantes ofertadas en cada convocatoria e respecto de cada categoría sexa igual ou superior a 10 pero inferior ó número necesario para aplica-lo sinalado nos parágrafos anteriores reservarase, en todo caso, unha praza da dita cota:

En todo caso, en cada convocatoria e respecto de cada categoría establecerase o número concreto de prazas que quedan reservadas para persoas con minusvalideces ás que lles puidese corresponder esta cota. Farase constar así mesmo, que non se reserva ningunha praza no suposto de que non se alcanzase o mínimo necesario para isto de acordo co previsto nos apartados anteriores.

A opción ás prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reuni-la condición esixida ó respecto, que se acreditará se obtivese praza, mediante certificación dos órganos correspondentes.

As probas selectivas realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións que sexa preciso realizar.

Se na realización destas se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal laboral da categoría á que se opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

Con anterioridade ó nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá requirir, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último.

Artigo 4º

Os postos de traballo proveranse de conformidade co previsto no capítulo IV do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia. As vacantes incluídas na presente oferta que teñan unha xornada de traballo inferior á normal, figurarán con esta característica na correspondente relación de postos de traballo.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Categoría

Oferta

Nº Cat.Total Vac.

Gurpo I
Médico212
Psicólogo69
Pedagogo113
Médico rehabilitador151
T. superior especialista191
Documentalista232
Médico (medicina deportiva)251
Coordinador activ. externas272
Xefe de persoal e xestión económica291
Relacións públicas301
T. superior de formación Ocup.317

Total grupo I:40

Grupo II

ATS e outras224

Psicomotricista e outras32

Profesor e outras52

Educador635

Director de gardería83

Fisioterapeura113

Asistente social1717

Terapeuta ocupac.202

Monitor ocupac.213

Xefe estudios centro tecn dep.281

Restaurador311

Profesor danza331

Profesor baile342

Pianista351

Titulado medio form. ocupacional375

Total grupo II:102

Grupo III

Xefe administración e outras23

Controlador pecuario e outras31

Gobernante46

Encargado almacén e outras51

Encargado traballos101

Encargado agrario e outras111

Xefe de cociña142

Especial oficios162

Analista de laboratorio172

Marcador de metais preciosos181

Celador231

Axud. t. laborator263

Superv. telefónica331

Experto en audiov.361

Técnico de son371

Rexedor de escea391

Técnico de máquinas461

Ax. aux. inspección495

Aux. tec. obra TIEE602

Axudante técnico laboratorio e outras612

Oficial 1ª conduct. e outras6317

Oper. maqu. pesada e outras643

Oficial 1ª cociña e outras6524

Adxunto taller662

Oficial 1ª campo e outras681

Categoría

Oferta

Nº Cat.Total Vac.

Oficial 1ª mantem. e outras697
Subgobernante783
Oficial 1ª mecánico863
Capataz explot. mariqueira881
Auxiliar de son971

Total grupo III:100

Grupo IV

Oficial 2ª mecánico e outras22

Auxiliar de clínica e outras361

Auxiliar coidador e outras454

Oficial 2ª cociña e outras564

Oficial 2ª mantem. e outras610

Oficial 2ª agrícola e outras912

Auxiliar de laboratorio1110

Auxiliar de internado123

Conductor1615

Almaceneiro e outras171

Conserxe202

Oficial 2ª carpint. e outras212

Mestre gaiteiro236

Xastre244

Tremoia e outras252

Auxiliar form. ocupacional308

Legoeiro e outras3111

Total grupo IV:267

Grupo V

Camareira limpadora e outras1256

Axudante (mantemento) e outras218

Ordenanza e outras369

Peón agrario especializ.811

Celador 2ª (vixilante rec. nat.) e outras96

Auxiliar de telef. inf. e atención o cidadán101

Socorrista10 D2

Limpadora e outras11206

Peón e outras1224

Total grupo V:593

96-8293