Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 364/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. na casa de cultura-Regueiro que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: concello da Cañiza

Lugar no que se vai establece-la instalación: desdunha L.M.T. propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta en Regueiro, concello da Cañiza.

Finalidade da instalación: subministrarlles enerxía á casa de cultura e piscina.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 20 kV, de 637 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón, e 62 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo RV-24 kV.

C.T. de 125 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Orzamento: 4.078.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7623