Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 26 de novembro de 1996 Páx. 10.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 361/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. edificio As Fontes-r/ Constitución, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Ponteareas-Mondariz ata o C.T. que se proxecta no edificio As Fontes, na r/ Constitución, concello de Mondariz-Balneario.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 382 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 5.192.535 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 3 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8288