Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do estudio de detalle do cuarteirón abranguido entre as rúas estrada provincial, primeira travesía A Salgueira, baixada á Salgueira e vía en proxecto (2650/411).

A Comisión de Goberno, con data do 13 de setembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas estrada provincial, 1ª travesía A Salgueira, baixada á Salgueira e vía en proxecto, redactado pola Oficina de Planeamento.

Segundo.-Expoñer a infomración pública o expediente, mediante anuncios no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados, durante o prazo de quince días.

Terceiro.-Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito cos límites seguintes: norte: estrada provincial; sur: 1ª travesía da Salgueira; leste: vía en proxecto; e oeste: baixada á Salgueira.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 27 de setembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde