Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o 26 de setembro de 1996, aprobou a proposta de bandeira municipal das seguintes características:

De sinople (verde) e sobre ondas de prata (branco) e azur (azul), unha torre de ouro (amarelo), aclarada de sinople, acompañada de catro estacas de prata, dúas de cada flanco e da curz de San Xoán, de prata, no centro do xefe. Ó timbre, coroa real pechada.

O que se somete ó trámite de información pública polo prazo de 30 días, para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Quiroga, 27 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

7303