Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996 pola que se aproba o plan eólico estratéxico presentado pola empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A., denominado P.E.E. Iberinco (expediente IN660A 95/12-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, de 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. con domicilio social na rúa Santiago de Compostela 100, 28035 Madrid, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Iberinco, onde se recolle o programa de actuacións para desenvolver por un período de 8 anos, cun investimento global estimado de 16.900 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, de 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG de data 6 de setembro de 1995 e BOE de data 9 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Gamesa e Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Considerando que, no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada se seguiron os seguintes criterios de avaliación dos planes eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Aportación tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, con base no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; ó Decreto 209/1990, de 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación

do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo plan eólico estratéxico PEE Iberinco referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 120 mW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, de 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de conformidade coas seguintes condicións:

Primeira.-Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A., realizará a investigación de 6 áreas, cun investimento total de 26.000.000 de pesetas, debendo presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. iniciará a execución do plan industrial en xullo de 1996, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente en aras de verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose

axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigras e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 na súa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Iberdrola

Nome

Concellos

Vértices

X long. WY lat. N

VideferreOímbra6150004632000
6155004634000
6200004634500
6200004632000

Serra de LaroucoBaltar, Cualedro,6080004641000
Xinzo de Limia6090004640000
6135004645500
6125004646000

Serra doLobeira, Verea,5760004653000
LaboreiroQuintela de Leirado5770004653000
5770004658000
5750004660000
5730004660000
5730004659500

Nome

Concellos

Vértices

X long. WY lat. N

Serra de Meda IEsgos, Nogueira de6075004694000
Ramuín, Xunqueira de6130004689500
Espadanedo6130004691000
6085004695000

Serra de Meda IIMontederramo6140004689000
Xunqueira de Espadanedo

6150004689000
6150004686000
6140004686000

Serra do BurgoChandrexa de Queixa,6300004686000
Castro Caldelas6310004686000
6330004688000
6320004688500

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 16.500 millóns de ptas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. realizará a investigación de 6 áreas facendo un investimento total de 26.000.000 de ptas., acadando un investimento medio de 4.333.333 ptas./ano área.

Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, debendo non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación.

-Plan industrial.

A empresa Iberdrola Ingeniería y Consultoría, S.A., participará na execución do plan industrial que teña/n aprobado o/os tecnólogo/s seleccionado/s. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a do/os tecnólogo/s que seleccione/n. A selección do/os tecnólogo/s, deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

8262