Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 15 de novembro de 1996 pola que se regulan as subvencións á exhibición pola proxección de películas comunitarias.

As salas de exhibición cinematográfica son un foro cultural particularmente importante na sociedade actual. Son, así mesmo, a principal plataforma da producción cinematográfica europea presente. Na actualidade, son as comunidades autónomas a Administración competente para convocar e conceder axudas á exhibición cinematográfica, conforme os criterios establecidos no Real decreto 1282/1989 e a Orde do 12 de marzo de 1990 do Ministerio de Cultura.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse subvencións a salas de exhibición cinematográfica que proxectasen películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 20 de xaneiro de 1994 e do 19 de xaneiro de 1993 e a do 18 de febreiro de 1992 e pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 23 de setembro de 1996, con cargo á aplicación orzamentaria 10.06.353.C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Artigo 2º

Poderán optar ás subvencións os titulares de salas de exhibición cinematográfica situadas en Galicia que, mediante as normas previstas no Real decreto 1282/1989, do 28 de agosto, e a Orde do 12 de marzo de 1990, acrediten ter proxectado películas da Comunidade Europea beneficiarias das axudas á distribución convocadas polas ordes ministeriais do 19 de xaneiro de 1993 e a do 20 de xaneiro de 1994 e pola resolución do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais do 23 de setembro de 1996 (segundo as listas que figuran como anexo Ia) e Ib) da presente orde), e que estean inscritos no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

As películas relacionadas no anexo Ia) xerarán dereitos á subvención durante os dous primeiros anos contados a partir do día da súa estrea comercial en España ata a data límite do 31 de decembro de 1995.

No caso das películas sinaladas no anexo Ib) que xa foron subvencionadas no exercicio de 1995 computarase o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1995 e a data en que completen os dous anos

de explotación comercial, contados a partir do día da súa estrea comercial en España, sendo igualmente a data límite do cómputo o 31 de decembro de 1995.

Nos programas dobres computarase o 50% dos ingresos das entradas de cada película, sempre que na programación se exhiban unicamente as ditas películas.

Artigo 3º

A contía das axudas será igual á aplicación de ata un 5% dos ingresos brutos das entradas xerados pola proxección das películas comunitarias relacionadas nos anexos Ia) e Ib).

Non se aplicará o disposto no artigo 47.2º da Orde do 12 de marzo de 1990.

Artigo 4º

As solicitudes faranse mediante instancia dirixida ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social, segundo o modelo que figura como anexo II desta orde, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social ou nos rexistros das delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaranse os seguintes documentos:

1. Instancia.

2. Fotocopia do DNI do solicitante e acreditación suficiente da súa titularidade sobre a sala.

3. Documentación acreditativa da inscrición da sala no Rexistro de Empresas do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

4. Fotocopias compulsadas do documento acreditativo de estar o día no pagamento do imposto de actividades económicas.

5. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

6. Acreditación da actividade mediante a presentación de fotocopia compulsada dos partes de declaración de exhibición semanal debidamente completadas pola Sociedad General de Autores de España.

7. Relación das películas comunitarias incluídas nas listas dos anexos Ia) e Ib) proxectadas na sala coas datas de proxección e recadación.

8. Para efectos de posibilita-la liquidación do importe da subvención que correspondese, deberán aportar certificacións de estar ó día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social así como de non ter débedas coa Xunta de Galicia. Así mesmo, debe

rán aportar certificado bancario da existencia da conta na que o solicitante sexa o titular.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual e o director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social, que resolverá.

Artigo 6º

Unha vez resolta e notificada a concesión da subvención librarase a cantidade adxudicada sempre e cando consten na Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual as certificacións sinaladas no punto 8 do artigo 4º.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura e Comunicación Social instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8º

De non notificarse resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, entenderase desestimada a petición correspondente. O solicitante poderá a partir desa data retira-la documentación presentada nos 30 días seguintes. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual para dictar, no ámbito das súas competencias, cantas disposicións considere precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I a)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas pola orde ministerial de 20 de xaneiro de 1994, proxectadas no período de dous anos desde a data da estrea. Data límite 31-12-1995

Título

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

computo

Al otro lado del túnelEspañolaU.I.P.Cia SRC.25-02-9431-12-95
Alegre ma non troppoEspañolaColumbia TriStar Films15-04-9431-12-95
Aliento del Diablo, ElEspañolaAlta Films, S.A.28-09-9328-09-95
Baile de las ánimasEspañolaLauren Film, S.A.22-11-9322-11-95
Canción de cunaEspañolaManuel Salvador, S.A.15-04-9431-12-96
Cianuro, ¿Sólo o con leche?EspañolaJosé Frade P.C., S.A.15-04-9431-12-95
Como ser infeliz y disfrutarloEspañolaU.I.P.Cia SRC.10-02-9431-12-95
Culpable de qué?EspañolaC. Tri-Star Films S.A.08-07-9431-12-95
Desvio al paraísoEspañolaAlta Films, S.A.22-07-9431-12-95
Detective y la muerte, ElEspañolaU.I.P.Cia SRC.26-09-9431-12-95
DisparaEspañolaUfilms, S.L.18-10-9318-10-95
Don Jaime el ConquistadorEspañolaLauren Films, S.A.23-03-9431-12-95
En tránsitoEspañolaBuena Vista Intern. S.A.29-04-9431-12-95
Enciende mi pasiónEspañolaWarner Española, S.A.26-09-9431-12-95
Historias de la puta miliEspañolaColumbia TriStar Films13-01-9431-12-95

Título

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

computo

Huevos de oroEspañolaU.I.P.Cia SRC.17-09-9317-09-95
Hundimiento del TitanicEspañolaLauren Films, S.A.11-02-9431-12-95
IntrusoEspañolaU.I.P.Cia SRC.27-08-9327-08-95
KikaEspañolaWarner Española, S.A.25-10-9325-10-95
Ley 627FrancesaCine Company, S.A.29-09-9329-09-95
Lola se va a los puertos, LaEspañolaU.I.P.Cia SRC.03-09-9303-09-95
Lloviendo piedrasBritánicaAlta Films, S.A.01-12-9301-12-95
Madre muertaEspañolaEscarlata Films, S.A.05-11-9305-11-95
Mi hermano del almaEspañolaWarner Española14-02-9431-12-95
Naked (indefenso)BritánicaAlta Fims, S.A.07-07-9431-12-95
Peores años de nuestra vida, LosEspañolaU.I.P.Cia SRC.08-04-9431-12-95
Por fin solosEspañolaColumbia TriStar Films17-08-9431-12-95
Rosita pleaseEspañolaLauren Films, S.A.17-06-9431-12-95
Tirano BanderasEspañolaU.I.P.Cia SRC.22-11-9322-11-95
Tocando fondoEspañolaU.I.P.Cia SRC.23-08-9323-08-95
Todos a la cárcelEspañolaU.I.P.Cia SRC.19-11-9319-11-95
Todos los hombres sois igualesEspañolaColumbia TriStar Films25-02-9431-12-95
Tres palabrasEspañolaColumbia TriStar Films22-11-9322-11-95
Vida Láctea, LaEspañolaColumbia TriStar Films22-07-9322-07-95

ANEXO I b)

Relación de películas comunitarias beneficiarias das axudas á distribución convocadas pola orde ministerial do 19 de xaneiro de 1993, polo período que lles resta desde o 1-1-1995 ata completa-los dous anos de exhibición desde a súa data de estrea. Data límite 31-12-1995.

Título

Nacionalidade

Distribuidora

Data da

estrea

Límite do

computo

Albún de familiaEspañolaWarner Española, S.A.09-07-9309-07-95
Amante bilingüe, ElEspañolaUnited Intern. Pic. Y CIA SRC02-04-9302-04-95
Amantes de Pont Neuf, LosFrancesaMusidora Films, S.A.03-03-9303-03-95
Amor y deditos del pieEspañolaWarner Española, S.A.02-07-9302-07-95
Año del despertar, ElFrancesaCine Company, S.A.20-01-9320-01-95
Ardilla roja, LaEspañolaSogepag, S.A.21-04-9321-04-95
CucarachasEspañolaC.B. Films, S.A.29-04-9329-04-95
De norderlingen (Los norteños)HolandesaTripictures, S.A.28-04-9328-04-95
Diario de lady M, ElEspañolaAlta Films, S.A.18-01-9318-01-95
Dime una mentiraEspañolaColumbia Tri Star F. España, S.A.02-04-9302-04-95
En la boca noFrancesaCine Company, S.A.15-08-9431-12-95
Havanera 1820EspañolaColumbia Tri Star F. España, S.A.20-05-9320-05-95
HuidosEspañolaColumbia Tri Star F. España, S.A.19-04-9319-04-95
LeoloFrancesaAlta Films, S.A.21-01-9321-01-95
Madregilda (amado mio)EspañolaAlta Films, S.A.26-09-9326-09-95
Marido perfecto, ElEspañolaUnited Inter. Pic. y Cia SRC02-06-9302-06-95
Pajaro del felicidad, ElEspañolaUnited Inter. Pic. y Cia SRC.04-05-9304-05-95
Pelotazo nacionalEspañolaUnited Inter. Pic. y Cia SRC.05-04-9305-04-95
Pequeño criminal, ElFrancesaCine Company, S.A31-03-9331-03-95
Por que lo llaman amor cuando quieren...EspañolaColumbia Tri Star F. España, S.A.11-02-9311-02-95
Rosa-rosaeEspañolaWarner Española, S.A.05-02-9305-02-95
Semos peligrosos (usease Makinavaja 2)EspañolaManuel Salvador, S.A.20-02-9320-02-95
Sombras en una batallaEspañolaWarner Española, S.A.06-09-9306-09-95
Stazione, LaItalianaLauren Film, S.A.05-03-9305-03-95
SupernovaEspañolaWarner Española, S.A.24-02-9324-02-95
Todo falsoEspañolaLauren Film, S.A.26-05-9326-05-95
Tretas de mujerEspañolaManuel Salvador, S.A.23-07-9323-07-95
Un placer indescriptibleEspañolaBuenavista Inter. Spain, S.A.04-03-9304-03-95
Una vida independienteFrancesaAlta Fims, S.A.16-07-9316-07-95
Voz de su amo, LaItalianaFramax Films, S.L.05-02-9305-02-95

8574