Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 25 de novembro de 1996 Páx. 10.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se fai pública a lista de aprobados no curso de especialización de educación musical para mestres convocado por Orde do 10 de marzo de 1995 (DOG do 17 de marzo).

Por Orde do 10 de marzo de 1995 (DOG do 17 de marzo) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocouse un curso de especialización en educación musical para mestres que se desenvolve en Pontevedra.

Desenvolvidas as fases teórico-práctica e práctica previstas nos puntos I e II do anexo I da devandita orde de convocatoria, procede facer pública a relación dos mestres que as superaron.

En consecuencia, dispoño:

1. Declarar aptos os mestres que se relacionan no anexo desta orde que superaron satisfactoriamente a proba extraordinaria do citado curso de especialización en educación musical convocado por Orde do 10 de marzo de 1995.

2. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederán a expedi-la certificación de habilitación en educación musical ós mestres funcionarios de carreira que se declaran aptos ó abeiro desta orde.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

Lista de aprobados no curso de especialización de educación musical

Apelidos e nomeDNI

Carpintero Ameneiros, Mª Jesús32.619.251F

Diéguez Nogueira, Mª Dolores34.587.865M

García Seoane, Pilar32.401.189P

96-8434