Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (113/1996).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, dictada polo xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 113/1996, promovido polo procurador Avelino Calviño Gómez, que actúa en nome e representación de Herminio Vila Blanco, sobre declaración de falecemento de Alfredo Vila Blanco e Herminio Vila Blanco, ambos nacidos en Portocarreiro-Santa Comba (A Coruña), o primeiro o día 18 de abril de 1908 e o segundo o 11 de agosto de 1916, fillos de Antonio Vila Blanco e de María Blanco García. Ámbolos irmáns emprenderon viaxe cara a Madrid no ano 1935; con posterioridade, durante o transcurso da Guerra Civil Española, tivéronse novas de que ambos tomaron parte nela na Fronte Republicana e chegaron rumores de que faleceran en combate sen que se volvesen ter máis noticias desde entón. Cando se ausentaron aqueles, o seu estado civil era de solteiros, sen que se tivesen noticias

nin coñecemento de que contraesen matrimonio ou tivesen descendencia.

O que para os fins establecidos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación do 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8509