Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.526

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996 pola que se nomea a Anxo Tato Plaza profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 17 de xaneiro de 1996 (BOE do 14 de febreiro de 1996), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil, a prol de Anxo Tato Plaza, DNI nº 33.278.973, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Anxo Tato Plaza profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito mercantil.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9608037