Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.525

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 14 de novembro de 1996 do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

O apartado 6 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal deberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptada unha decisión ó respecto polo tribunal encargado de cualifica-lo dito concurso-oposición para o acceso á categoría de ATS/DUE, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o vindeiro día 30 de novembro de 1996, no instituto de bacharelato As Lagoas, sito na rúa Eduardo Blanco Amor s/n de Ourense, ás nove horas trinta minutos. Excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta da convocatoria.

Segundo.-Os aspirantes deberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Terceiro.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta a) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas a razón de 0,12 puntos por cada unha.

Cuarto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

Jaime Torres Rey

Presidente do tribunal

96-8291