Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axuda por adquisición de vivenda habitual para o persoal ó servicio do Consello de Contas de Galicia.

A comisión de goberno da institución, en sesión celebrada o día 12 de novembro do presente ano, acordou aproba-las bases para a concesión de axudas por adquisición de vivenda habitual para o persoal ó seu servicio e a súa convocatoria.

Consonte o disposto nas bases reguladoras que se atopan expostas no taboleiro de anuncios da planta baixa do edificio sede da institución, rúa Ramón Piñeiro, nº 29 de Santiago de Compostela, os interesados poderán presenta-la correspondente solicitude no prazo máximo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1996.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

8347