Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 411/1996, do 21 de novembro, polo que se modifica o prezo do Diario Oficial de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia, órgano oficial de difusión e expresión da actividade administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, vén publicándose ininterrompidamente desde 1982.

En 1995, por Decreto 289/1995, produciuse o último incremento nos prezos da subscrición e da inserción de anuncios, pero razóns tales como un mellor axuste nos seus custos, así como o aumento do IPC fan aconsellable proceder a un novo incremento.

Na súa virtude, e de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública tralo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O prezo da subscrición anual ó Diario Oficial de Galicia establécese en 42.000 pesetas.

2. O prezo de venda do exemplar do Diario Oficial de Galicia fíxase en 200 pesetas.

Artigo 2º

1. O prezo dos anuncios no Diario Oficial de Galicia fíxase para cada liña en columna de 18 cíceros (54 espacios) en:

a) Procedemento ordinario: 495 pesetas.

b) Procedemento urxente: 990 pesetas.

2. Os prezos establecidos no artigo anterior e neste entenderanse, se é o caso, IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Os prezos establecidos no presente decreto entrarán en vigor o día 1º de xaneiro de 1997.

Segunda.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

96-8425