Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución dos expedientes sancionadores I-1/1996 e un máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 18 de outubro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Precepto

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

proposta

I-1/1996Armando de la Iglesia

rúa Bélgica, 7-30

36162 Pontevedra

Abandono dun vehículo.Art. 137 e) do reglamento da Lei I.F.Art. 139 do regulamento da Lei I.F.50.000
I-256/1996Comunidade de montes

de Mañufe

Mañufe

36388 Gondomar

Escape dunha queima autorizada.Art. 138 c) do regulamento da Lei I.F.Art. 139 do regulamento daLei de I.F.25.000

8241