Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95-6 modificado-3 A.T.).

Visto o expediente incoado no Servicio de Industria desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, na que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do Regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de

industria, enerxía e minas. Esta delegación provincial, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Liña aérea, a 20 kV, de 6.185 m de lonxitude, en conductor LA-110, derivada desde un apoio existente na L.M.T. Velle-Barra de Miño, e rematará no apoio proxectado co número 53.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 12 de setembro de 1996.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

8033